Artwork

内容由Falame de San Sadurniño提供。所有播客内容(包括剧集、图形和播客描述)均由 Falame de San Sadurniño 或其播客平台合作伙伴直接上传和提供。如果您认为有人在未经您许可的情况下使用您的受版权保护的作品,您可以按照此处概述的流程进行操作https://zh.player.fm/legal
Player FM -播客应用
使用Player FM应用程序离线!

A foto máis grande da historia de San Sadurniño

6:20
 
分享
 
Manage episode 261991355 series 1916811
内容由Falame de San Sadurniño提供。所有播客内容(包括剧集、图形和播客描述)均由 Falame de San Sadurniño 或其播客平台合作伙伴直接上传和提供。如果您认为有人在未经您许可的情况下使用您的受版权保护的作品,您可以按照此处概述的流程进行操作https://zh.player.fm/legal
Xoán Porto, documentalista e fotógrafo de paisaxe falanos desta foto de Naraío, que podes ver na seguinte ligazón: http://www.falamedesansadurnino.org/imaxe/a-foto-mais-grande-da-historia-de-san-sadurnino/ A panorámica está feita cunha versión comercial da tecnoloxía que desenvolveu a NASA, a axencia espacial norteamericana, para equipar os seus vehículos non tripulados sobre a superficie de Marte. Dá algo de vertixe pensar que as panorámicas da superficie marciana que tiraron os Rover Spirit e Rover Opportunity son primas-curmás deste panorama -neste caso terrestre- aquí en Naraío. Serán en total 820 imaxes individuais, formando unha retícula 20 filas horizontais e 41 columnas verticais, que darán lugar a un composite, isto é, unha imaxe composta, de máis de 3 gigapíxeles.A singularidade deste tipo de fotografía é que, aínda que o que estades a ver semella apenas unha instantánea dunha fracción de segundo, en realidade é unha peculiar longa exposición, pois desde que comeza o proceso de captura ata que se toma a última foto trancorreu máis de media hora. Máis concretamente, hai 35 minutos de diferenza entre unha esquina da imaxe e a súa oposta. Esta foto pola que podes navegar, aquí en Fálame de San Sadurniño. Podes gozar de todo o detalle aplicando o zoom. Podes ver o val de Naraío, modelado polo río Castro, que ás veces visible, e ás veces intúese serpenteante... Podes ver desde a Capela de Santa Mariña, arriba á dereita, até a Igrexa de Santa María, no Eirexado, á esquerda do panorama. Podes recrearte no trazado de pistas, estradas e cruces de camiños; nos tendidos enerxéticos, nas árbores e nos montes, nas edificacións e vivendas, coas súas diferentes tipoloxías e materiais característicos, podes ver a división da terra, e tamén o seu emprego... podes ver a xente traballando na agricultura, na gandería... e podes ver o verde monocorde e expansivo do eucalipto que domina a paisaxe. ...porque, e xa o dicía Manuel María... "a paisaxe é fermosa, si, mais..."
  continue reading

70集单集

Artwork
icon分享
 
所有剧集

×
 
Loading …

欢迎使用Player FM

Player FM正在网上搜索高质量的播客,以便您现在享受。它是最好的播客应用程序,适用于安卓、iPhone和网络。注册以跨设备同步订阅。

快速参考指南