Programa da emisora local Radio Eume sobre mitoloxía, folclore, misterio, tecnoloxía, arte e humanides.
…
continue reading
…
continue reading
…
continue reading
…
continue reading
Hoxe falamos do Cruceiro do Poboado de As Pontes, do cambio climático, do modelo de xestión cultural en Galicia, e da figura do Nadal galego do Apalpador. Coñeceremos tamén as vicisitudes da construción da cheminea da central térmica de Endesa nas Pontes, na década dos 70. E falaremos das distintas representacións que se teñen realizado do diaño na…
…
continue reading
Inauguramos unha nova tempada da Lareira das Mouras, con contidos actuais e amenos, para tódolos públicos. Falamos do Cristo de Prada, os petróglifos da Pena do Golpe, o Magosto, a Cruz das Cabezas, os cadros malditos dos Nenos Choróns, coñecemos a Axenda Cultural do concello de As Pontes para o vindeiro mes, e moitas outras cousas.…
…
continue reading
Benvid@s á terceira tempada da Lareira das Mouras, na vosa emisora local Radio Eume. Retomamos esta aventura radiofónica polo mundo da cultura e a tradición oral, cun programa especial sobre a sexta edición da Cita coa Historia das Pontes, un evento de recreación histórica que terá lugar na nosa vila os vindeiros 13, 14 e 15 de setembro.…
…
continue reading
Derradeiro programa da segunda tempada da Lareira das Mouras, no que falamos sobre a orixe e características da festividade que da inicio ao verán, a noite de San Xoán. Unha noite cargada de superstición e maxia, na que persoas e animais danse cita arredor dos tradicionais foleóns. Dende o equipo da Lareira das Mouras, queremos agradecervos a vosa …
…
continue reading
Hoxe centramos o noso programa nun mito fundacional. En concreto da ermida de Santa Eulalia do Portorroibo. Falamos tamén co profesor da USC Pedro López Barja de Quiroga, sobre os achádegos arqueolóxicos atopados nas escavacións deste santuario na década de 1970 e en concreto dunha estela romana cunha incripción moi característica e da que só exist…
…
continue reading
Neste novo programa coñecemos unha lenda do veciño concello das Somozas, onde se atopa un zoomorfo en pedra con forma de xabarín. Coñecemos a simboloxía asociada a este animal mítico da nosa mitoloxía e analizaremos a súa simboloxía na cultura celta atlántica. Con Cristina Arias seguiremos avanzando na historia de Toribio Mamed Casanova e a súa cap…
…
continue reading
Hoxe centramos o noso programa na figura dos vedoiros, personas cunha capacidade sobrenatural que son quen de comunicarse co mundo dos mortos. Falamos tamén de cómo a ciencia trata de explicar esta capacidade, a través da disciplina científica da parapsicoloxía. Descubrimos temas musicais que teñen os espectros e aparicións como base das súas compo…
…
continue reading
Neste novo programa falamos dun camiño que conduce a un santuario milenario emprazado na serra da Capelada. Trátase de Santo André de Teixido, tamén coñecido como Santo André de Lonxe, un lugar máxico ao que durante séculos acudiron milleiros de galegos e galegas ofrecidos ao Santo por ter curado os seus males ou librado da morte. Rituais, ritos, t…
…
continue reading
Nesta nova edición da Lareira das Mouras, falamos do poder curativo da auga e en concreto do manancial mineiromediciñal do noso concello, coñecido como a Fonte das Buliqueiras. Falaremos tamén das novas acontecidas no noso concello durante o ano 1902 e coñeceremos a Axenda Cultural para este Entroido que está por chegar.…
…
continue reading
1
A Lareira das Mouras (Radio Eume) - O Camiño dos Arrieiros: de As Pontes a Bares 1/02/2019
1:31:58
Neste novo programa centrarémonos no elemento cultural denominado Camiño dos Arrieiros, que vai dende Bares ata As Pontes, ao longo de preto de 50 quilómetros. Falaremos con Manuel Camba Gayoso, presidente da Liga Céltiga Galaica que ten estudado este camiño milenario. Na sección de Atril e Partitura escoltaremos algúns cantos de arrieiro recuperad…
…
continue reading
1
A Lareira das Mouras (Radio Eume) - O libro das invasións, ou de como os galegos conquistaron Irlanda 18/01/2019
1:12:11
Neste novo programa da Lareira das Mouras centrémonos nun fito da historia de Galicia, do que non nos contaron moito ou nada no colexio. Un fito histórico que contextualiza o feito de porque cando cantamos o noso himno, dicimos: Fogar de Breogán. Coñeceremos tamén novas acontecidas no noso concello a finais do século XIX, con Cristina Arias. E con …
…
continue reading
Neste novo programa da Lareira das Mouras, coñeceremos unha figura mitolóxica con paralelismos en toda a rexión atlántica e indoeuropea. Descubriremos outros seres que están fondamente vencellados a espazos fluviais no Faladoiro, así como algunha que outra lenda do noso concello e bisbarra. Con Cristina Arias coñeceremos como era o noso concello no…
…
continue reading
Hoxe falamos sobre a maxia que agochan os lugares, nos que o paso do tempo deixou unha fonda pegada na súa paisaxe, na súa arquitectura, ou na súa enerxía. Entrevistaremos a Felipe Senén López Gómez, arqueólogo e técnico de xestión cultural, para falar do genius loci e de etnoarqueoloxía. E coñeceremos todas as actividades que poderemos desfrutar n…
…
continue reading
Iniciamos nova tempada do noso programa con novas voces e novas seccións. Hoxe falaremos dunha lenda local, a da Santa Compaña do Freixo. Coñeceremos os paralelismos desta figura mitolóxica alén das nosas fronteiras e outros exemplos de procesións fúnebres. Con Cristina Arias descubriremos como era a nosa vila hai máis de cen anos. E con Sonia Suei…
…
continue reading
Benvid@s a unha nova tempada da Lareira das Mouras, na vosa emisora local Radio Eume. Retomamos esta aventura radiofónica polo mundo da cultura e a tradición oral, cun programa especial sobre a quinta edición da Cita coa Historia das Pontes, un evento de recreación histórica que terá lugar na vila das Pontes os vindeiros 14, 15 e 16 de setembro.…
…
continue reading
No derradeiro programa da primeira tempada da Lareira das Mouras, falamos sobre a figura de Prisciliano, co teólogo e filósofo e escritor galego Victorino Pérez Prieto. Da man de López Ferro coñeceremos unha lenda local sobre un "santo" que viviu no noso concello en auténtica comunión con Deus e a Natureza. Descubriremos tamén algúns grupos musicai…
…
continue reading
Con motivo da celebración do Día Internacional dos Museos, adicamos o noso programa de hoxe a eles. Falaremos con José María López Ferro, director do Museo Etnográfico Monte Caxado, que nos falará do proxecto de traslado deste museo senlleiro da nosa vila.
…
continue reading
Hoxe falaremos de meigas e meigallos. Da man do mestre López Ferro coñeceremos a historia dunha familia de meigas. De cómo éstas eran percibidas pola sociedade. Dos seus poderes e capacidades. Unhas veces para facer o ben, e outras para danar, ás persoas, ás súas pertenzas e aos animais. Falaremos tamén con Natalia Monje, investigadora e reporteira…
…
continue reading
Nas feiras e festas dalgún tempo era frecuente escoitar a algún cego cantando romances sobre sucesos acontecidos no país. Eran os telexornais da época. Hoxe no noso programa coñeceremos unha vella historia recollida a un deses últimos cegos que visitou a nosa vila. Falaremos tamén co luthier e músico Carlos do Viso, mago da música tradicional que c…
…
continue reading
Conta a lenda que un cabalo mouro cun só corno pula polas Fragas do Eume ata submerxirse no río. Hoxe falaremos con Lois Gómez Souto a respecto desta lenda e as súas similitudes con outras figuras mitolóxicas do arco atlántico. Coñeceremos tamén como serán as motos do futuro e descubriremos a axenda cultural que nos agarda na nosa localidade para o…
…
continue reading
Hoxe arredor da lareira descubriremos a lenda do sartego de Pontoibo (As Pontes). Falaremos con Juan Carlos Sánchez Pardo, profesor e arqueólogo da Universidade de Santiago de Compostela, sobre a orixe deste tipo de enterramentos pétreos. Coñeceremos tamén outros tipos de soterramentos por todo o planeta. E analizaremos o futuro das relixións no sé…
…
continue reading
No programa de hoxe falamos da figura mitolóxica do trasno, un ser que non fai máis que enredar nas nosas casas día a día, agochándonos o mando da tele, mudando de lugar o móbil, ou remexendo os caixóns da roupa. Coñeceremos tamén unha lenda local que fai referencia ao trasno e falaremos co investigador e escritor Antonio Reigosa sobre as caracterí…
…
continue reading