使用Player FM应用程序离线!
Non é país para trens (nin para preguntas)
Manage episode 420169953 series 3299700
Como era de temer desde que se comezou a falar do porto exterior erradamente chamado da Coruña, os cartos que custou facelo vannos ter que pagar os coruñeses, en cómodos prazos de terreos portuarios públicos. Todo iso despois de crearse mesas que elaborarán estudos e comisións que elevarán informes, o que fará que a débeda non baixe, pero o persoal e os periodistas estean máis entretidos, polo menos Marta Otero Mayán que anda nesas cousas, e Xosé Manuel Pereiro,que xa o via vir hai tempo. Ou iso supoñemos, porque nas comparecencias públicas non houbo prefuntas, ou máis axeitadamente, non houbo respostas, porque preguntas si que debería haber algunha que outra.
Exactamente igual que as comunicacións por tren, que ían ser rápidas, pero o famoso Avril chegará remolcado en Agosto, e o propio Alfonso Rueda, segundo lembrou Ana Luísa Bouza, foi a Lisboa a pedirlle ao Goberno Central (de España) que meta os cartos todos na conexión Vigo-Lisboa, e a rede ferroviaria interior xa se verá pa cuando. Mentres, Antón Losada foi desprazado a Barcelona para comprobar que os trens de proximidade de alí (Rodalies) haber hainos, pero en cuestión de puntualiadade e horarios, como se non os houbese.
108集单集

所有剧集
×欢迎使用Player FM
Player FM正在网上搜索高质量的播客,以便您现在享受。它是最好的播客应用程序,适用于安卓、iPhone和网络。注册以跨设备同步订阅。