Disimulen #30 - Cuac FM - 3 de xuño de 2013
Manage episode 248594496 series 101825
内容由Iago Martínez提供。所有播客内容(包括剧集、图形和播客描述)均由 Iago Martínez 或其播客平台合作伙伴直接上传和提供。如果您认为有人在未经您许可的情况下使用您的受版权保护的作品,您可以按照此处概述的流程进行操作https://zh.player.fm/legal。
Programada dedicado á cuarta edición da Mostra de Cinema Periférico da Coruña, o S8, que se celebra entre os días 4 e 11 de xuño. Ángel Rueda, codirector da mostra, e José Manuel Sande, crítico e programador do CGAI, participan dende o estudio facendo un repaso á programación. Ao outro lado do fío telefónico, Miguel Mariño dá algúns detalles sobre 'Fomos ficando sós', o filme-performance que presenta na mostra, e o cineasta vigués Lois Patiño, que protagoniza unha retrospectiva, un encontro co público e dúas videoinstalacións. David Rodríguez, O Funambulista Coxo, entrega a súa última columna da tempada. Na banda sonora, The Ex coa Brass Unbound, Tricky, Colleen e Caxade. 'Disimulen' é un programa sen sintonía en Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña, que dende comezos de abril tamén se pode escoitar en diferido en RadioFilispiM. Conduce e dirixe: Iago Martínez.
…
continue reading
40集单集