#05 - As mulleres galegas na Idade Media
Manage episode 335781678 series 3375381
05 - As mulleres galegas na Idade Media. A Galicia Medieval, un país de donas e mulleres.
Nas crónicas medievais as mulleres aparecen como as malas da película. Aí está o caso da raíña dona Urraca; ou de Inés de Castro, esa raíña póstuma a quen os seus coetáneos describiron como a gran conspiradora de Portugal ou Maricastaña, a “mullerciña” que ousou enfrontarse ao todopoderoso bispo de Lugo. Pero, detrás desas negras historias escritas con mans masculinas hai mulleres que fixeron historia, tanta historia ou máis da que fixeron os homes. Interveñen os historiadores Diana Pelaz e Miguel García-Fernández.
Que din os rumorosos... arroutadas da historia de Galicia é unha serie de podcast producida polos portais web http://historiadegalicia.gal/ e https://rutasdehistoria.com/ e coordinados polo xornalista Xurxo Salgado.
Os contidos deste podcast están baixo licenza Creative Commons BY-SA 4.0
Nas labores técnicas de gravación, edición e montaxe: Jorge Lama (@raivenra).
Redes sociais onde atoparnos
https://twitter.com/historiaGAL
https://www.facebook.com/historiagalicia/
https://www.facebook.com/groups/535887783413440/?source_id=127191197685932
9集单集