Artwork

内容由Retrato Sonoro提供。所有播客内容(包括剧集、图形和播客描述)均由 Retrato Sonoro 或其播客平台合作伙伴直接上传和提供。如果您认为有人在未经您许可的情况下使用您的受版权保护的作品,您可以按照此处概述的流程进行操作https://zh.player.fm/legal
Player FM -播客应用
使用Player FM应用程序离线!

Episodio 3 en “Da cepa á bodega con Quin Álvarez e Jorge Marcote”: TEIMOSÍA VEN DE TEIMOSO, DE TEIMA.

1:20:21
 
分享
 
Manage episode 382134758 series 1085832
内容由Retrato Sonoro提供。所有播客内容(包括剧集、图形和播客描述)均由 Retrato Sonoro 或其播客平台合作伙伴直接上传和提供。如果您认为有人在未经您许可的情况下使用您的受版权保护的作品,您可以按照此处概述的流程进行操作https://zh.player.fm/legal

Quin Álvarez

Dí a Real Academia da Lingua Galega o seguinte da palabra Teima: Idea fixa e constante ou costume raro no que se persiste. De teimoso ven o dicionario a falarnos que é un sinómimo de obstinado: Que teima nas súas ideas. E pensamos que lle acae moi ben a Quin Álvarez, un home obstinado: que se aferra con enerxía a unha idea ou a unha maneira de actuar. De aí que lle puxese ese nome, Teimosía, a un dos seus viños máis recoñecidos e valorados… queres saber da historia deste viño? Escoita este audio.

O podcast Retrato Sonoro ten varias patas: Fidel á voz cunha edición inicial dos audios, Emmanuel tamén á voz e coa selección dos clips de vídeos e a súa edición, Jordi coa edición final e ser o responsable último da rede de podcast Sons, Lorena que coa súa voz cóntavos os métodos de contacto que tedes connosco e, a última fichaxe que temos feito, Rosalía que lle pon o título aos podcast coa súa voz inicial.

Terceiro episodio deste serial “Da cepa á bodega con Quin Álvarez e Jorge Marcote” onde falaremos cos dous, Quin e Jorge, dos logros máis recoñecidos no mundo da viticultura e do agro de Quin Álvarez.

A foto escollida desta volta é a de Quin Álvarez coas súas galiñas, o seu apego ao mundo do agro é indudable.

Escoitarás sobre do seu papel na creación da D.O. (Denominación de Orixe) Rías Baixas; sobre a súa participación como socio fundador de Terras Gauda; un viño, Torroxal, que foi o preludio de Teimosía e Espiña; cómo hai que cuidar unha terra e non romper o equilibrio que lle ven dado pola propia natureza do solo; falamos da famosa Lista Parker (ai! non sabes o que é?); dos proxectos que ten abertos coa familia en destilerías Pazo Val do Miño; e como ben sabes, porque descontamos que xa o vas coñecendo, como ten unha das plantacións máis importantes de aguacate en Galicia (e por suposto de España) e como iniciou un dos proxectos de plantas e flor ornamental máis importantes de España e de Europa con Viveiros Río Tollo e como conta da importancia da súa filla Mariví no proxecto…

En fín, qué máis contar, queda co audio e desfruta de todo que xa nos vai quedando pouco de Quin… aínda que o que ven no próximo e derradeiro episodio… vai ser moi divertido.

The post Episodio 3 en “Da cepa á bodega con Quin Álvarez e Jorge Marcote”: TEIMOSÍA VEN DE TEIMOSO, DE TEIMA. first appeared on Sons Podcasts.
  continue reading

44集单集

Artwork
icon分享
 
所有剧集

×
 
Loading …

欢迎使用Player FM

Player FM正在网上搜索高质量的播客,以便您现在享受。它是最好的播客应用程序,适用于安卓、iPhone和网络。注册以跨设备同步订阅。

快速参考指南