Sons de Nós 14 de xuño de 2024
Manage episode 423573331 series 3495509
内容由Radiofusión提供。所有播客内容(包括剧集、图形和播客描述)均由 Radiofusión 或其播客平台合作伙伴直接上传和提供。如果您认为有人在未经您许可的情况下使用您的受版权保护的作品,您可以按照此处概述的流程进行操作https://zh.player.fm/legal。
Na edición de hoxe de Sons de Nós traémosvos a un grupo que, se fose un documento, xa tería carácter de histórico, porque este ano cumpre trinta anos, trátase de Os Carunchos, un grupo que nace 1994 en Vigo coa idea de mesturar temas cantados co repertorio de gaiteiros solistas. Imprescindible a presenza da gaita como protagonista, pero non menos imprescindible a posta en valor de cantigas e temas populares e a defensa da lingua e a cultura tradicional. Son 30 anos de historia e oito traballos musicais con pezas de creación que son xa, unha parte da historia musical da Galiza. Gaita solista, acordeón, percusións varias, polifonía nas voces e o acompañamento da zanfona e instrumentos tradicionais como a requinta, Os Carunchos son Luís E. Correa (Voz, gaita, requinta, zanfona e percusións), Pablo Rial (Voz, acordeón diatónico, gaita e percusións), Isaac Teniente (Voz e percusións), Juan A. Álvarez (Voz, gaita, pínfano e percusións) e, recuperan para este aniversario a Julián Mojín, quen. foi membro da formación inicial, hai máis de 25 anos. Gaita solista como protagonista, adobiada maxistralmente con percusións, polifonía de voces e a impoñente presenza da zanfona, todo elo engarzado polo compromiso activo co noso idioma e a nosa cultura, mesturando e recuperando coplas do noso imaxinario popular e dando ritmo e música aos traballos dos nosos poetas históricos contemporáneos. E no escenario, e non menos importante porque o gozo é vida, festa e diversión a mancheas.
…
continue reading
1121集单集