Sons de Nós con Brais das Hortas 29 de novembro de 2024
Manage episode 452653596 series 3495509
内容由Radiofusión提供。所有播客内容(包括剧集、图形和播客描述)均由 Radiofusión 或其播客平台合作伙伴直接上传和提供。如果您认为有人在未经您许可的情况下使用您的受版权保护的作品,您可以按照此处概述的流程进行操作https://zh.player.fm/legal。
Brais Gutiérrez é músico e cómico desde 1996, aínda que seguramente as dúas facetas véñenlle de serie. Toca a guitarra eléctrica, clásica, acústica e portuguesa, o laud árabe, a frauta chinesa, o caixón, a frauta chinesa, batería de refugallo, darbouka, karkaba, … Pero ademais compón músicas e letras e artella espectáculos para público infantil, aquí a súa personalidade como Brais das Hortas, tanto en solitario como, por exemplo, con Peter Punk, nos que é quen de “capturar” ao público familiar por igual ofrecendo música divertida e textos con mensaxe que ademais de divertir fannos pensar. Cando xurde o seu “alter ego” adulto, Pepe King une forzas coa diva Bieita James, Iseo Agilda, e ofrécennos ese dúo estelar que é Blues do País. Neste episodio de Sons de Nós tivemos a sorte de conversar con Brais Gutiérrez, un cómico – músico que dificilmente pode separar as dúas facetas e sempre, sempre, nos fai feliz.
…
continue reading
1230集单集