Sons de Nós con Catuxa Salom 10 de xaneiro de 2024
Manage episode 460336026 series 3495509
内容由Radiofusión提供。所有播客内容(包括剧集、图形和播客描述)均由 Radiofusión 或其播客平台合作伙伴直接上传和提供。如果您认为有人在未经您许可的情况下使用您的受版权保护的作品,您可以按照此处概述的流程进行操作https://zh.player.fm/legal。
As súas raíces familiares na Arxentina impregnan a súa creación musical e Latinoamérica está presente no que fai. Pero son moitas as súas influencias, dende o blues, o funky, Mercedes Sosa, Violeta Parra, Fuel Fandango ou Baiuca. Tras unha etapa en Madrid, onde estudou e iniciou a súa carreira artística, a pandemia tróuxoa de volta a Galicia e Catuxa medrou, ou poderiamos dicir que renaceu, na súa expresión artística; unha creación musical e estética que Catuxa define como “unha fusión de ritmos tribais latinoamericanos con música en galego, nun envoltorio electrónico”. No 2024 os Premios Martín Códax danlle unha alegría ao proclamala como gañadora da categoría Músicas do Mundo e Mestizaxe. Catuxa Salom acaba de presentar Cāldo, un disco que confirma que é unha das voces máis potentes da escena electrónica do momento; e isto sen renunciar ao folk nin á súa herdanza arxentina, que se impón como misión a conexión co público para que “conecte, baile e goce o ritmo dos tambores”.
…
continue reading
1208集单集