A Xanela das Fucas nº 68
Manage episode 320680842 series 2763264
内容由A Xanela das Fucas提供。所有播客内容(包括剧集、图形和播客描述)均由 A Xanela das Fucas 或其播客平台合作伙伴直接上传和提供。如果您认为有人在未经您许可的情况下使用您的受版权保护的作品,您可以按照此处概述的流程进行操作https://zh.player.fm/legal。
A Xanela das Fucas convida a as autoras da publicación Complices: A violencia machista institucional. Dende moitos espazos se considera unha publicación máis que imprescindíbel. Este traballo vén botar luz sobre un dos aspectos da(s) violencia(s) machista(s) menos estudado e tamén menos visíbel: a violencia que exerce o Estado a través das súas institucións sobre as mulleres que están en situación de violencia machista. Poucas publicacións coñecemos que aborden este tema de xeito directo.A autora Iria Vazquez Silva, explora varios eidos institucionais, cos que tivo ontacto directo, e convida a outras autoras. Sheila Fernández Míguez (desde o eido xurídico), Olalla Villaronga Seoane (que achega unha perspectiva desde o eido rural), Lola Ferreiro Díaz (desde o ámbito sanitario) e Ana Martínez González e Fedra Alcaraz Ladrero (ambas as dúas traballadoras dunha asociación de parálise cerebral) a completar o panorama dunhas institucións que deberían acoller e defender as mulleres violentadas polo machismo. A través deste libro podemos aproximarnos ao labirinto polo que pasan as mulleres en situación de violencia, analizando as forzas de seguridade, o eido xudicial, os servizos sociais ou o eido sanitario. Falamos con Lola Ferreiro do porque desta publicaión ….e tamen da sua traxectoria coma muller comprometida na loita feminista e coma referente do feminismo galego. ……..Lola non deixes de seguir axudarnos a enterder este mundo tan perverso………. Fucas que participan: Chelo Carballal Balsa, Sonia Fernández Bellas. Eva Tizon Bouza A música que escoitamos: A sintonía do programa: La Vita E Bella, (Nicola Piova); As Sete Mulheres Do Miño ( Dulce Pontes); A Rosalia (Luis Emilio Batallan)
…
continue reading
89集单集