A Xanela das Fucas nº 78
Manage episode 338303070 series 2763264
内容由A Xanela das Fucas提供。所有播客内容(包括剧集、图形和播客描述)均由 A Xanela das Fucas 或其播客平台合作伙伴直接上传和提供。如果您认为有人在未经您许可的情况下使用您的受版权保护的作品,您可以按照此处概述的流程进行操作https://zh.player.fm/legal。
Programa nº 78- (18-8-22) A Xanela dás Fucas achégase a a exposición 49 razóns : moda e arte para un futuro sostible. Charlamos con Beatriz Clara quen nos relata o porque e o sentido deste proxecto: Por unha banda busca a promoción da arte e a cultura, apoiando aos artistas locais ao levar a súa obra ás rúas a través dun soporte diferente, dándolles visibilidade a través de pezas de segunda man en perfecto estado, que foran descartadas polos consumidores. Doutra banda parte do supra-reciclaxe como pedra angular, buscando un futuro máis sostible a través da educación e concienciación en consumo responsable como parte fundamental do proxecto, ao converter a peza descartada nunha obra de arte única e especial, cun gran valor engadido tanto artístico como conceptual. Son pezas para namorarse delas porque en definitiva son unha obra de arte que che enche a alma e que che deleitas en pasear con orgullo, sabendo que ademais de beleza soporta cultura e sustentabilidade. Beatriz non deixes de seguir realizando este tipo de convocatorias …….. son necesarias Fucas presentes: Chelo Carballal Balsa,; Eva Tizon Bouza. A música que escoitamos: A sintonía do programa: La Vita E Bella, (Nicola Piova) ; 49 Razons poema ( Eugenia Sanmartín); Canción para 49 razons (Eugenia Sanmartín) . 49 Razones videoart- El desfile .
…
continue reading
89集单集